Como xa vos indicara, este mércores o alumnado de 5º de ed. primaria acompañados pola súa titora e máis polo mestre de ed. física, fomos ata a localidade costeira de Cangas do Morrazo para facer unha actividade novidosa de iniciación o remo en traíñas.
Foi unha pasada, e tanto os rapaces e rapazas como nos, os mestres, quedamos encantados da actividade querendo repetila en vindeiros cursos.
É unha sesión de iniciación ó remo, onde o primeiro que fixemos foi coñecer os adestradores que tivemos, logo coñecimos as instalacións e xa comezamos coa actividade propiamente dita. Dividíronnos en 4 grupos de 6 rapaces/as cada un, e acompañados en todo momento por un adestrador do clube, fomos pasando polas diferentes rotacións que nos tiñan preparadas: os ergómetros, o ximnasio, o foxo e a traiñeriña; de forma rorativa, para o rematar a sesión, cada grupo pasara por esas catro estacións.
Teño que agradecer o Club Vila de Cangas pola súa paciencia para con nós, o seu saber facer, e a magnífica organización da actividade coa que cumprimos todos e cada un dos obxectivos que tiña marcados cando concretei esta iniciación o remo.
Tanto Mario, como Fonsi, coma Miguel, coma Noel, puxeron todo o seu empeño e dedicación para que o noso alumnado estivera atendido e aprendendo todo o posible en todo momento. Por iso, só me queda darlles as gracias e de seguro que repetiremos.
Mención a parte, merece o seu presidente Pepe, que involucrouse na sesión coma se foxe un adestrador máis.
O mellor é que lle preguntedes os remeiros e remeiras por un día que tendes na casa, e xa vos contarán a súa experiencia. Pero mentres, deixo aquí o reportaxe fotográfico: