jueves, 5 de mayo de 2022

Gymkhana e bautismo de Hípica

Este martes pasado, o noso alumnado de 1º de educación primaria participou nunha actividade no Parque Multiaventura de Marín denominda "Gymkhana e bautismo hípico" no que os nosos rapaces e rapazas fixeron durante a mañá estas dúas fantásticas actividades.

A primeira consiste en atopar unha serie de pista, superar unhas probas e ó fínal, conseguir o tesouso consistente nuhas moedas de chocolate.

A segunda actividade, despóis de ver as cuadras, limpar e acariar os cabalos, puideron subir e facer unha ruta pola instalación. Como podedes ver, temos uns verdadeiros amazonas!!!