Ola, esta semana o alumnado de 3º e 4º de ed. primaria, tivo a sorte de poder facer unha sesión de iniciación ao atletismo en colaboración coa Sociedade Gimnástica de Pontevedra na persoa de Joao, adestrador en corredor do propio clube.
Nesta sesión, fixemos carreiras, saltos e lanzamentos; actos primordiais na disciplina do atletismo.
Teño que darlle as gracias a Joao pola súa dedicación e saber respostar a tódalas dúbidas dos nosos cativos.
Deixovos unha folla para que vos apuntedes os que esteades interesados:
De todas formas, se algún ten algunha cuestión, pódema consultar sen problemas.