lunes, 11 de septiembre de 2023

Comezo do curso

Ola, ola! Como imos?

Xa estamos de volta coas pilas cargadas!!!

Desexo que teñamos un novo curso cheo de actividades deportivas novas e que veñades con moitas gañas de facelas; mostrando o interese de todos os anos.

Como xa vos comentara, neste blogue ireivos informando de todas e cada unha das actividades propostas dende a asignatura de Ed. Física.

O pavillón comeza no mes de octubro e tedes que levar unha mochila cos tenis e unha botella con auga.

O horario e cursos de pavillón é o seguinte:

LUNS: de 11:45 a 12:45 a clase de 6º de ed. primaria e de 12:40 a 13:40 a clase de 5º de ed. primaria.

MARTES: de 11:45 a 12:45 a clase de 4º de ed. primaria e de 12:40 a 13:40 a clase de 3º de ed. primaria.

MÉRCORES: de 11:45 a 12:45 a clase de 5º de ed. primaria e de 12:40 a 13:40 a clase de 6º de ed. primaria.

XOVES: de 11:45 a 12:45 a clase de 3º de ed. primaria e de 12:40 a 13:40 a clase de 4º de ed. primaria.

VENRES: de 11:45 a 12:45 a clase de 1º de ed. primaria e de 12:40 a 13:40 a clase de 2º de ed. primaria.

Como xa vos comentara, se tedes dúbidas ou necesitades calqueira aclaración con respecto a asignatura de Ed. Física, de  Actividades Deportivas ou do Proxecto de Vida Activa, só tedes que enviarme un correo a educacionfisica@cprsanjose.es e intentarei respondervos o antes posible.

As titorías conmigo as tedes o martes de 16:00 a 18:00 horas, mandando unha nota a titora do curso por ABALAR.

Moito ánimo para todxs; nenos e nenas, pais e nais, mestres e mestras.