domingo, 17 de septiembre de 2023

Sesións Iniciación ao Balonmán

O xoves pasado as clases de 3º e 4º de Ed. Primaria e o venres pasado as clases de 1º e 2º de Ed. Primaria, tiveron a sorte de poder facer unha sesión de iniciación ao Balonmán da man dos xogadores do Teucro (Rhuan Marchette e Caio da Silva) que foi unha experiencia altamente satisfactoria onde o noso alumnado a parte de practicar deporte, coñeceron de primeira man o deporte do balonmán.

Como sempre, o alumnado do colexio que queira probar a entrenar co Teucro, pode facelo sen ningún problema. Os interesadxs, preguntádeme a min (Gonzalo - mestre Ed. Física do colexio)

Déixovos un mostra do que fixemos: