Ola, ola, que tal?
Aquí vos deixo as actividades de educación física que temos neste mes. Como vedes, xa empezamos fortes!!!
Martes, 17 de septembro: o alumnado de 3º de ed. primaria, subirá ao clube de tenis da Caeira para participar na xornada de tenis - pickleball ou padel e ver o torneo internacional de tenis sub 14 xunto con alumnado de 3º doutros centros escolares.
Mércores, 18 de septembro: o alumnado de 5º e 6º de ed. primaria fará a tradicional andaina de comezo de curso.
Xoves, 19 de septembro: o alumnado de 4º de ed. primaria, subirá ao clube de tenis da Caeira para participar na xornada de tenis - pickleball ou padel e ver o torneo internacional de tenis sub 14 xunto con alumnado de 4º doutros centros escolares.
Venres, 20 de septembro: o alumnado de 1º e 2º de ed. primaria fará a tradicional andaina de comezo de curso.
Luns, 23 de septembro: o alumnado de 6º e 5º de ed. primaria fará unha sesión de iniciación ao deporte do balonmán impartida pola SD TEUCRO.
Martes, 24 de septembro: o alumnado de 4º e 3º de ed. primaria fará a tradicional andaina de comezo de curso.
Xoves, 26 de septembro: o alumnado de 4º de ed. primaria fará unha sesión de iniciación ao deporte do atletismo impartida pola Sociedade Gimnástica.
Do mesmo xeito, xa o vería algún/a na prensa, o pasado xoves, 12 de septembro o nosos alumnado de 3º e 4º de ed. primaria particiou na presentación deste Torneo de Tenis Internacional Sub 14 nas inmediacións da Praza da Herrería.