O pasado luns, o alumnado das clases de 6º e 5º de ed. primaria, tiveron a sua sesión de iniciación ao deporte do balonmán da man de Rhuan, xogador e técnico da S.D. TEUCRO. Foi todo un éxito e como son os maiores do centro, xa se ve que teñen unhas nocións moi boas do deporte, xa que se nota que practicaron os anos anteriores.
Como xa vos indiquei, este curso, chegamos a un acordo coa S.D. TEUCRO para que impartan unha actividade extraescolar do centro, o deporte do balonmán; recollendo aos rapacxs no colexio as 16:30 dos xoves e os pais tedes que recoller aos vosos fillxs as 18:00 horas no pavillón municipal, lugar onde se desenrolan as sesións. Esta actividade ten un custo de 10 euros ao mes, e anímovos a que probedes porque está xenial.