viernes, 3 de junio de 2022

Actividade GRATUITA de tenis

Ola, que tal?

Como xa vos comentara, aquí vos deixo outra actividade deportiva para que fagades este verán. A diferencia desta é que é GRATUITA!!!

Este curso que xa remata, chegamos a un acordo coa Federación Galega de Tenis, polo cal nos facilitaron raquetas e pelotas de tenis para poder "aprender" este fantástico deporte dentro da asignatura de Educación Física. Como xa vos indicara cando o fixemos e publicara neste blogue, fora todo un éxito e agora damos un paso máis nesta colaboración, e tedes a posibilidade de asistir de forma totalmente GRATUITA a sesións de tenis no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra en Mourente.

Podedes consultar todo no seguinte enlace, pero xa sabedes que se tedes algunha dúbida, podédesma preguntar cando me vexades polo colexio. É importante anotarse o antes posible, posto que as inscripcións faranse por riguroso orden de apuntamentos.

Plan Corresponsables

A páxina a que tedes que apuntar os vosos fillos e fillas é:

Formulario inscripción tenis gratuito

Espero e desexo que vos guste esta nova iniciativa e que a disfrutedes, ánimo!!!