Ola, ola, como imos?
Este martes, 28 de marzo, faremos unha Xornada Intercentros particular. Imos coincidir todo o alumnado de 3º e 4º de educación primaria dos 5 centros educativos que conformamos a Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT), nas instalacións do Pavillón Multiusos da Xunqueira e os campos de fútbol aledaños.
En total seremos 252 rapaces e rapazas de 8 e 9 anos que pasaremos unha xornada de convivencia con outros nenos e nenas dos demáis colexios. Ese é o obxectivo principal pero tamén queremos que a rapazada faga máis deporte, e practiquen os deportes que xa traballaron nos seus centros.
Os equipos son mixtos, tanto de rapaces como de rapazas como integrando a nenos e nenas de todos os colexios dos dous cursos implicados.
Toda esta práctica deportiva, organizada dende ADESPONT, a podemos realizar gracias a inestimable colaboración do Servicio de Deportes da Xunta de Galicia que gracias ó programa XOGADE, permítenos facer estas xornadas. Temos que darlle as gracias tamén o Servicio de Deportes do Concello, por cedernos as instalacións e persoal necesario, os Clubes colaboradores (PONTEVEDRA RUGBY CLUBE, ESCOLA de DANZA FITA NOVAS, S.D. TEUCRO e C.B. ARXIL), que primeiro acercaron o seu deporte nunha sesión maxistral en cada centro escolar e o martes, o poñemos en práctica todos e todas xuntos. Tamén lle temos que dar as gracias o alumnado e profesorado do Ciclo de Grado Superior en Enseñanza y Animación Sociodeportiva (TSEAS), xa que o seu alumnado fará prácticas da vida real o cal se enfrontarán no futuro e participarán activamente no desenrolo da xornada. Por último, darlle as gracias a todo o profesorado que estará con nós dos cinco colexios e en especial os mestres de Ed. Física de cada centro, que foron os que pensaron e puxeron todas as súas gañas en que esta xornada saíra adiante.
Como podedes apreciar, os deportes que imos practicar son: Rugby Cinta, Baile Moderno, Balonmán, Baloncesto e engadimos Xogos Tradicionais. A rapazada estará dividida en cinco equipos e cada equipo pasará de forma rotativa por os cinco deportes para que o rematar a xornada, todos pasemos por todos os deportes.
Faremos un alto na metade da xornada para merendar e repoñer forzas.
Nada máis, de seguro será unha xornada estupenda, o pasaremos moi ben e faremos máis actividade física.
Se tedes algunha dúbida, podedes indicarma mandando un correo a educacionfisica@cprsanjose.es
Apertas e boa fin de semana.