jueves, 9 de marzo de 2023

Programa "RCP na Aula"

O luns, comezamos o xa tradicional programa "RCP na Aula", co cal pretendo que o noso alumnado coñeza de primeira man o que temos que facer ante unha posible parada cardiorrespiratoria. Como sabedes, en 1º e 2º de educación primaria, ven e manipulan os monecos de RCP e a partir de 3º ata 6º de educación primaria, facemos o programa en sí.

O alumnado de 6º de educación primaria, se vos os pais, nais ou titores legais o autorizades e superan a proba, reciben o diploma que lles acredita como coñecedores do Soporte Vital Básico









Aproveitando a ocasión, na xornada de onte, tivemos a sorte de contar con varias nais e pais que quixeron facer e probar a realizar o RCP e uso do DESA que fan os seus fillos e fillas. Teño que darlles as gracias por vir, facer e involucrarse no programa. É unha pena que foran poucos pais e nais os que puideron vir, pero espero que en próximas convocatorias, poidades vir máis e así entre todos e todas formar unha boa comunidade educativa.

Tamén teño que agradecer as miñas mestras compañeiras que quixeron formar parte da sesión, participando moi activamente nela.

Cantos máis saibamos como actuar, mellor que mellor para todos e todas, non vos parece?