Ola familias, que tal?
CONSEGUÍMOLO!!! Despoís de dous anos de facer, presentar, volver a facer e volver a presentar coas modificacións indicadas polas autoridades competentes, acadamos o obxectivo último, estamos dentro do (ver enlace) PLAN PROXECTA co noso proxecto de vida activa e saudable que partindo dende a asignatura de Educación Física, e contado co apoio do equipo directivo e do claustro; tanto traballo nos custou pero o logramos.
Mérito para todos e todas os/as que formamos esta comunidade educativa, cativa pero con moitas, moitas gañas de prosperar e mirar cara adiante, acompañando no camiño o noso increíble alumnado no seu prosperar como persoas adultas íntegras.
Este camiño comezou a finais do curso 2018-19, onde empecei a recadar informacións, datos, ver e estudar decretos, etc. onde conseguimos dar o primeiro paso, estar dentro das entidades, clubes e poucos colexios que temos o selo de calidade de (ver enlace) GALICIA SAUDABLE. O curso seguinte, fixen o proxecto deportivo de centro, onde intento que teñades información das cousas que facemos cos vosos fillos e fillas dende o departamento de Educación Física mediante o acceso a este (ver enlace) BLOGUE DEPORTIVO do CENTRO.
Este proxecto, tivo altibaixos, onde parecía que chegábamos a meta... pero non; sempre faltaba algo, xa sexa institucional, xa sexa de educación, do inspector, do propio programa, do... Ata agora, que xa estamos dentro e formamos parte dos centros educativos que teñen e realizan actividades deportivas (levamos participando dende ai 12 anos no (ver enlace) XOGADE, plan promovido pola Xunta de Galicia, onde practicamos por cursos, diferentes deportes federados minoritarios, e que o curso pasado demos un pasiño máis coa incorporación no plan INTERCENTROS, onde en colaboración con outros mestres de educación física de outros colexios de Pontevedra, facemos xornadas de actividade física, pero o que pretendemos é que os rapaces e rapazas xoguen con outros nenos/as de outros colexios), fomentan a vida activa e saudable, facemos incidencia na boa alimentación cos nosos programas de "A SEMANA DAS FRUTAS", que vimos realizando no colexio dende ai catro anos, e que durante unha semana en cada trimestre (en total, 15 días), damos a probar o noso alumnado, frutas e frutos secos de tempada, para que proben os diferentes sabores, así como tamén facemos "A SEMANA DOS LÁCTEOS" dende ai tres cursos escolares.
Seguirei contándovos todo o que fagamos dentro do PLAN PROXECTA neste blogue, así que estade atentos e por favor, de vez en cando botádelle unha ollada para saber cómo está a cousa.
Dende o colexio, o paso está dado, agora, pedimos as familias, que axudedes na difusión e promovades que os vosos fillos e fillas practiquen deporte, e leven una vida activa e saudable.
Moitas gracias a todos e todas os que formades parte deste proceso, e espero que sigamos acadando os logros que nos plantexamos o comezo de cada curso escolar.
Por todo iso, GRACIAS, GRACIAS e GRACIAS.