Ola, ola! Que tal?
Gustaríame aclarar unha cousiña; todos os traballos que me enviedes referentes a asignatura de psicomotricidade ou de educación física, por favor, mandádemos a seguinte dirección:
educacionfisica@cprsanjose.es
xa que é moito máis doado e xa queda así para todo o curso escolar. Non enviedes fotos o e-mail do colexio, nin tampouco a calquera outra dirección; esta, é a que vale porque a vexo eu sen problema ningún e non implica máis traballo a ningunha mestra máis.
Recórdovos que, gustaríame que todos e todas, mandarades unha foto vosa facendo calquer exercicio físico fóra do colexio. Cousas que fagades polas tardes ou nos fins de semana. Poden ser con algún implemento (pelotas, raquetas, paos, balóns, patíns, aros, trompos, etc) ou sen implemento (andar, correr, nadar, etc.)
Esta tarefa proposta, podedes facela todo o alumnado do centro, dende os máis pequenos da clase de 3 anos, ata os maiores, da clase de 6º de ed. primaria. Espero que vos guste a iniciativa e que enviedes algo, espérovos.
Por favor, cando mandedes calquer traballo voso, indicar no asunto, nome e apelidos do neno/a e o curso. Por exemplo: Tomás Rodríguez Martínez. 5º Ed. Infantil.
Lóxicamente, se queredes mandar máis dunha foto, podedes claro está. Podedes mandar cantas queirades, e vos animo, a que o fagades.
Teño que facer un apartado especial para os pais e nais, porque gracias a vos, este intercambio de traballos dos vosos fillos e fillas será máis doado, cómodo e eficaz para todos, tanto para os nenos, como para os pais, como para min como maestro. Así que douvos as GRACIAS antes de nada.
Calquiera dúbida que teñades, podedes escribirme un e-mail a esta dirección, e contestareivos a maior brevidade posible.
Moitas gracias e moitísimos ánimos.