Ola, hoxe retomamos o tema da froita!!! Temos por diante, duas semanas cheas de froita, onde cada un dos días lectivos, imos repartir unha froita diferente a cada rapaz, sempre contando coa vosa aprobación.
O equipo de mestres, espera que vos parece interesante esta iniciativa, para iso a facemos.
Xa sabedes, que este programa de froita, vai subvencionado polo FOGGA pertencente a Xunta de Galicia.
Esta semana teremos:
Luns - AMEIXA
Martes - PERA
Mércores - PLÁTANO
Xoves - UVAS
Venres - ARANDOS
Aquí vos deixo as fotos que me chegaron da rapazada comendo a froita de hoxe.
