lunes, 5 de abril de 2021

Actividades deportivas novas

Ola, que tal?

Como foron as vacacións? Seguro que co bo tempo que fixo, practicastes moitos deportes e actividades ó aire libre; así que, espero que mas enviedes para que as poida subir a este blogue.

Xa sabedes que podedes envialas o seguinte correo: educacionfisica@cprsanjose.es

(NOTA: por un erro meu, puxera que o "dominio" do correo era .com, pero é .es // Sinto moito)

Aquí vos deixo o que me foi chegando e inclúo unha actividade dendo o departameto da Biblioteca do cole, coordinado pola profe María Vidal, que consistía en facer un "DITADO por RELEVOS", proba que consistía en unir as diferentes pezas e formar un texto/ditado por equipos e desprazándose de distintas formas mentras facían os relevos; co alumnado de 1º de educación primaria onde aplicáronse moito para acadar a terminar o ditado. Foi todo un éxito e felicito tanto o alumnado como a mestra polo bo traballo realizado. 

PARABÉNS!!!