viernes, 3 de febrero de 2023

ACTIVIDADE de RUGBY

Ola, ola!!! Que tal?

Este martes, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria, tivo a sorte de poder realizar a iniciación ao rugby contando coa inestimable colaboración do Pontevedra Rugby Clube. Xa son moitos anos de colaboración entre este clube e o Colexio e non teño máis que palabras de agradecemento a todos/as os xogadores/as e adestradores que viñeron a pasar con nós esta estupenda xornada, onde a parte de que o noso alumnado coñeza este deporte, aprenden os valores tan importantes que favorece o rugby como son o compañerismo, traballo en equipo, disciplina e axudar aos demáis por riba de todo.

Déixovos aquí unha mostra do gran traballo que fixeron tanto adestradores coma o alumnado:




















A parte, esta xornada de iniciación ao rugby, serviunos para preparar a xornada que imos celebrar máis adiante con outros colexios de Pontevedra dentro do programa XOGADE.

Dende o clube, invitan aos nosos rapaces e rapazas de calquiera idade, a facer uns adestramentos con eles/as. Os/as interesados/as, preguntádeme a min.