Onte, o alumnado da clase de 4º de Ed. Primaria, tivo a súa Xornada de Encontros Multideportivos organizada por ADESPONT en colaboración co Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE.
Compartimos xornada co alumnado do mesmo curso e o profesorado dos centros CEIP Xunqueira I y CEIP Cabanas. Pasámolo xenial e a parte de facer deporte, pasamos unha sesión de convivencia entre iguais que resultou altamente satisfactoria e quedamos con gañas de máis.
Os equipos están formados entre nenos e nenas dos tres colexios implicados para así conseguir unha maior convivencia entre rapaces.
Fixemos os deportes de TCHOUKBALL e o DATCHBALL (tedes aquí a información de cada unha premedo enriba do nome) e BALONMÁN.
Non temos fotos debido ao cumprimento da normativa de "Datos Persoais", onde non podo publicar fotos dos rapacxs dos outros centros e como o que nos importaba era a convivencia, non quisen sacer fotos só, do noso alumnado.