Onte, o alumnado da clase de 6º de Ed. Primaria, tivo a súa Xornada de Encontros Multideportivos organizada por ADESPONT en colaboración co Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE.
Compartimos xornada co alumnado do mesmo curso e o profesorado do centro CEIP Cabanas. Pasámolo estupendamente e a parte de facer deporte, pasamos unha sesión de convivencia entre iguais que resultou altamente satisfactoria e quedamos con gañas de máis. Teño que darlles as gracias tanto ao noso alumnado como ao alumnado do CEIP Cabanas e ao seu profesorado, Antía e José Luis, pola súa axuda e implicación no bo desenrolo da xornada.
Os equipos están formados entre nenos e nenas dos dous colexios implicados para así conseguir unha maior convivencia e integración entre rapaces.
Fixemos os deportes de BÁDMINTON e o BALONMÁN.
Tamén tiñamos programado e xa practicáramos o deporte do VOLEI, pero por falta de tempo por conciliación co servicio de transporte, non o puidemos realizar.
Non temos fotos debido ao cumprimento da normativa de "Datos Persoais", onde non podo publicar fotos dos rapacxs do outro centro e como o que nos importaba era a convivencia, non quisen sacer fotos só, do noso alumnado.