miércoles, 25 de noviembre de 2026

Xornada Intercentros con 5º de Ed. Primaria

Hoxe, o alumnado de 5º de Ed. Primaria, tivo a súa primeira Xornada Intercentros no CEIP de Cabanas, onde compartimos mañá co seu alumnado.

Foi unha sesión estupenda onde practicamos PINFUVOTE e o COLPBOL, e VOLEI. Conseguimos unha convivencia estupenda entre toda a rapazada dos dous colexios que seguro que se afianza máis na próxima Xornada Intercentros.

Teño que darlle as máis sinceiras gracias aos mestres conpartiron esta xornada con nós e especialmente ao mestre de E.F. de CEIP Cabanas porque foi un magnífico anfitrión, tendo todo magníficamente organizado e dándonos ao final da sesión unha botella de auga e unha mazá e un plátano para cada participante, como reconstituinte das forzas perdidas.

Non temos fotos debido ao cumprimento da normativa de "Protección de Datos", onde non podo publicar fotos dos rapacxs do outro centro e como o que nos importaba era a convivencia, non quisen sacer fotos só, do noso alumnado.