Ola, ola, como imos?
Como xa pensaba, as dúas xornadas intercentros que fixemos esta semana (o luns con 6º de primaria e o martes con 3º de primaria) foron un éxito.
Teño que agradecer a hospitabilidade do alumnado e profesorado de CEIP Cabanas que facilitou moitísimo a nosa experiencia.
Como xa vos indicara anteriormente, con 6º fixemos VOLEI e KICKBALL e con 3º ATLETISMO (relevos, 50 metros lisos, resistencia con 300 metros, lanzamentos de peso e vórtex e salto de lonxitude cooperativo), KICKBALL e FLOORBALL.
O mércores, no pabillón municipal, co alumnado de 5º de ed. primaria, fixemos a sesión de BAILE MODERNO contando coa Colaboración inestimable de Nana e Inés, mestras de baile da academia FITA NOVAS. Como podedes ver nas fotos e vídeos, pasámolo xenial.
O día seguinte, o alumnado de 3º de ed. primaria, fixo a sesión de iniciación ao TENIS cos adestradores Chipi e Tosé do Club de Tenis Pontevedra; que tamén o pasamos estupendamente. Doulles as gracias pola súa dedicación e profesionalidade.
Estas dúas sesións de BAILE MODERNO e TENIS, sírvenos como preparación para as xornadas intercentros que imos facer co resto de colexios que formamos a Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) os días 21 de febreiro e 19 de marzo.