sábado, 12 de junio de 2021

Tenis de Mesa Monteporreiro

O xoves, 10-06-21, o alumnado de 3º de educación primaria, tiveron a sorte de poder desfrutar dunha exhibición de tenis de mesa por parte dos integrantes do clube de tenis de mesa Monteporreiro no pavillón do Príncipe Felipe.

Logo desta fantástica exhibición, puideron practicar este bonito deporte e incluso xogar con estos e estas xogadores/as profesionais do clube.

Foi todo un placer poder pasar esta increíble xornada e o trato dos xogadores e xogadoras foi exquisito para cos nosos rapaces e rapazas. É un luxo contar con persoas así e que o noso alumnado poida probar e desfrutar deste magnífico deporte.

Xa o saben, pero incido en recordarllo; se para o curso que ven, queredes probar este deporte, só tendes que indicarmo a min, e eu poñereivos en contacto co clube ou vos directamente cos dirixentes do clube, como queirades.

Ánimo e a probar...























Teño que darlle as gracias os compoñentes e os directivos do clube de Tenis de Mesa Monteporreiro por deixar que o noso alumnado poida practicar e pasar unha agradable xornada coma a que pasamos, que seguro, repetiremos en vindeiros cursos.

Ata a próxima...

Podedes seguir toda a información referente a este clube en: http://tenisdemesamonteporreiro.blogspot.com/