Neste mes de xunio, sempre facemos as xornadas de xogos tradicionais, cos que empezamos a semana pasada e continuaremos o longo desta semana.
O que pretendo, é que os cativos e cativas, saiban un pouco máis sobre os xogos que os que non somos tan pequenos, xogabamos fai "tempo".
Por ahora, xogamos as chapas, os trompos, a saltar a corda, á goma, o peletre/rayuela/mariquiña e a comba. Déixovos unhas fotos da maioría das clases practicando estes xogos:
Vos propoño que xoguedes cos vosos fillos e fillas a estes xogos que todos e todas coñecemos, cada un/unha temos as nosas "reglas", pero todos podemos xogar. Seguro que a rapazada, lles gustará xogar cos seus maiores. Ánimo!!! Desta forma, podedes sacar fotos ou vídeos, e mandarmas o correo educacionfisica@cprsanjose.es para que as poida subir o blogue deportivo de centro.