Este martes, 01-06-21, a noso alumnado de 4º curso de educación primaria, acompañados por dous mestres e o divulgador Valentín García, acercouse ao Outerio das Mouras en Salcedo, para facer unha andaina pola zona o mesmo tempo que aprendían como viviron os nosos antepasados no lugar e a súa contorna.
A información proporcionada por Valentín, foi atendida gustosamente polo noso alumnado, estando pendentes en todo momento, das aportacións que lles ía dando.
É un
lugar que vos invito a que visitedes, é moi interesante, é gratuíto e está moi
preto da nosa cidade.
Déixovos
unhas fotos:
Todo isto o facemos dentro da importancia que dende o colexio lle
damos as actividades no exterior, onde os nosos rapaces e rapazas disfrutan do
aire libre, caminan, fomentando as actividades deportivas fóra dos espacios
habituais ó mesmo tempo que aprenden e vivencian o ensinado na clase.
Este ano,
resulta moi complicado facer actividades complementarias coa pandemia que temos
enriba, pero dende o colexio, intentamos fomentar estas xornadas de convivencia
que creemos tan importantes para o desenrolo da nosa cativada.