martes, 8 de junio de 2021

Andainas

Ola, ola! Xa estou aquí outra vez subindo as fotos que me foron chegando das andainas que comezamos o luns desta semana.

Como vedes, primeiro fomos cos nenos e nenas da clase de 5º de educación infantil ata a alameda, onde a parte de camiñar, vimos os diferentes tipos de árbores que temos e vimos a organización da mesma.

A continuación, fomos coa clase de 3º de educación primaria pola senda do río dos Gafos, onde falamos dos diferentes árbores, animais e construccións que nos atopamos polo camiño.

Logo, fomos co alumnado de 6º de educación primaria pola avenida de Montero Ríos, facendo especial mención as construccións que vemos polo camiño, falamos da alameda e logo fixemos parte da ruta que fixeramos cos de 3º pero como somos un pouco maiores, chegamos ata Campolongo seguindo a senda do río para voltar polas palmeiras de regreso o colexio.

O obxectivo primordial é que camiñemos, pero tamén que coñezan partes do centro da cidade que moitos ainda non coñecían. Por outra banda, se podemos aprender vexetación e fauna da zona e aprender un pouco de historia da cidade, mellor que mellor.

A experiencia foi altamente positiva e satisfactoria e de seguro que repetiremos en anos sucesivos.

Aquí vos deixo unhas fotos que o certifican: