Ola, ola, que tal?
Onte fixemos a xornada de bicicletas co alumnado de 5º e 6º de primaria. Os primeiros tiveron sorte, porque puideron facer toda a sesión sen ningún problema, que os do segundo grupo si tiveron, comezou a chover o pouco de empezar e tivemos que suspender a xornada (espero que podamos facela o vindeiro mércores 09-06-21).
Para comezar, vin o control que tiñan os rapaces e rapazas sobre o vehículo a duas rodas, onde algúns, xa de antemán, dixeran que non sabían andar, polo que cando quixeron, tiveron a oportunidade de probar e incluso algúns deles, conseguiron pedalear sen problema e fixeron a actividade coma os demáis. Todo un logro por elas, pola súa constancia e querer aprender.
Unha vez feita a parte inicial da sesión, comezamos cos diferentes xiros a dereita e esquerda, en zig zag facendo voltas na praza do Teucro e facendo X arredor dos árbores. Para finalizar, fixemos carreiras de Duatlón (tres voltas en bicicleta e a continuación, dúas voltas correndo) que foi o que verdaderamente lles gustou.
Para os rapaces e rapazas que non sabían ou non quiseron facer o da bici, fixeron a proba correndo dúas voltas a praza.
Estou moi contento pola participación da rapazada e polo que me dixeron, gustoulle moito, querendo incluso repetir a xornada.
Para mostra, aquí tendes o reportaxe fotográfico: