Como xa vos comentara nunha entrada anterior, o pasado martes tivemos a nosa gran xornada intercentros onde nos reunimos 225 rapaces e rapazas de 4º de ed. primaria de 8 centros escolares dos que conformamos ADESPONT, en colaboración co Servicio de Deportes da Xunta de Galicia.
Os deportes que practicamos foron: RUGBY CINTA coa colaboración do Pontevedra Rugby Club, XOGOS TRADICIONAIS coa colaboración do alumnado do TSEAS, BAILE DEPORTIVO coa colaboración de Adrián Esperón de PONTEBAILE, RCP e DESA coa colaboración da Escola de Enfermería de Pontevedra e BALONMÁN coa colaboración da S.D. Teucro.
Foi todo un éxito porque para os mestres de Ed. Física que formamos ADESPONT o máis importante é a convivencia entre o diferente alumnado, á vez que practicamos diferentes deportes e fomentamos os hábitos saudables repartindo auga e unha peza de froita aportadas por SUPERMERCADOS FROIZ; todo isto dentro do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva que estamos a desenvolver no centro escolar.
Por favor, preguntádelle aos vosos fillxs que tal o pasaron...