jueves, 18 de abril de 2024

Xornada tenística

Ola, como vos comentara, este martes, 16-04-24, o noso alumnado da clase de 3º de ed. primaria, tivo a súa derradeira sesión de tenis, esta vez no Clube de Tenis da Caeira, acompañados por outros 200 rapaces e rapazas doutros colexios da contorna, os cales fomamos ADESPONT.

Teño que agradecer ao club de tenis, por deixarnos as súas instalacións, aos adestradores que tivemos pasando a xornada con nós, ao alumnado, que en todo momento estivo moi participativo e con gañas de máis, aos mestres, por estar con nós e ao Servicio de Deportes, por acompañarnos durante a xornada e deixar que a puidésemos levar adiante.

Como vedes nas fotos, pasámolo moi ben, practicamos deporte e convivimos nunha xornada fascinante.











Para o ano máis e mellor...