domingo, 3 de abril de 2022

Semana dos Productos Lácteos

Ola, ola, que tal?

Como xa sabedes, durante esta semana, fixemos no cole a semana dos productos lácteos e foi todo un éxito, como todas as semanas que levamos facendo de alimentación saudable. A rapazada responde estupendamente, están encantados e é unha pena, que non continúen así o resto das merendas do resto do ano. Anímovos a que sigades tomando de merenda, productos naturais e que escapedes da bollería industrial. É igual de doado coller un paquete de galletas no armario que coller unha mazá no fruteiro, non vos parece?

Para mostra do dito, aquí vos deixo unha reportaxe fotográfica co que me chegou:



























viernes, 1 de abril de 2022

Máis actividades

Ola, que tal?

Encantado de que os animedes a enviar fotos ou vídeos facendo actividades deportivas fóra do centro. Están xenial e temos un pouco de todo. Déixovos unha mostra:











Vos recordo que podedes enviar máis traballos o seguinte correo:

educacionfisica@cprsanjose.es

jueves, 31 de marzo de 2022

Semana de Merendas saudables

Durante a semana pasada, o noso alumnado da clase de 6º de educación primaria, xunto coa súa mestra, fixeron a semana de merendas saudables dentro lo Programa de "Hábitos de vida Saudables" que temos no centro, pertencente o Galicia Saudable e o PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva) da Xunta de Galicia.

Como podedes ver, temos un pouco de todo: froita, bocatas, froitos secos, iogures...

A idea fundamental é, que agora, estos rapaces e rapazas traian algún alimento saudable para as merendas de todos os días e intentar evitar os alimentos procesados, algo tan habitual nos nenos e nenas de hoxe en día.