Ola, ola, que tal?
Aquí vos deixo as últimas fotos de vos empregando os materiais que van dentro da Mochila Deportiva e de outros compañeirxs facendo diferentes actividades deportivas. Parabéns para os que as enviades!!!
Ola, ola, que tal?
Aquí vos deixo as últimas fotos de vos empregando os materiais que van dentro da Mochila Deportiva e de outros compañeirxs facendo diferentes actividades deportivas. Parabéns para os que as enviades!!!
NOTA INFORMATIVA:
Ola, informáronme hoxe a mañá que debido ao forte vento de onte pola noite, as instalacións onde o noso alumnado de 4º de Ed. Primaria ía facer a xornada de convivencia de pádel xunto con nenxs do CEIP Parada, non a podemos realizar, debido a que a carpa que fai de teito volou e a estructura da instalación resultou fortemente dañada polo que non nos garantizan poder realizalo con seguridade.
Por conseguinte, anulamos esta actividade lamentandoo moito, posto que todxs tiñamos moitísima ilusión por realizala.
Ola, que tal?
Sigo publicando as vosas fotos facendo diferentes actividades deportivas que están xenial e é unha gozada que practiquedes tantos e variados deportes.
Onte, o alumnado da clase de 5º de Ed. Primaria, tivo unha nova Xornada de Encontros Multideportivos organizada por ADESPONT en colaboración co Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE.
Compartimos xornada co alumnado do mesmo curso e o profesorado do CEIP San Benito de Lérez. Pasámolo xenial e a parte de facer deporte, pasamos unha sesión de convivencia entre iguais que resultou altamente satisfactoria e quedamos con gañas de máis.
Os equipos están formados entre nenos e nenas dos dous colexios para así conseguir unha maior convivencia entre rapaces.
Fixemos os deportes de RINGOL e BALONCESTO.
Ola, ola, como imos?
Xa estamos de volta das vacacións de Nadal e comezando con moitas gañas este 2º trimestre...a por él!!!
Vos deixo aquí as fotos e os pequenos videos que me mandastes para publicalos neste blogue deportivo do Colexio San José que formamos entre toda a comunidade educativa do centro.
Coma sempre, vos animo a que enviedes as vosas fotos facendo actividades deportivas e doado é que as enviedes empregando o material que vos vai dentro da Mochila Deportiva que implantamos este curso!!!
ANIMÁDEVOS!!!
Ola, que tal?
Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos ao longo deste mes de xaneiro. Imos collendo ritmo.
O 19 de xaneiro: O alumnado de 5º de Ed. Primaria participará na Xornada de Encontros Multideportivos organizada pola Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) dentro do Programa XOGADE pertencente a Xunta de Galicia. Visitamos ao alumnado de 5º de Ed. Primaria do CEIP Lérez e faremos os deportes de RINGOL e BALONCESTO. Para iso, levamos este mes de xaneiro practicando eses deportes nas sesións de Ed. Física.
O 27 de xaneiro: O alumnado de 4º de Ed Primaria visitará as instalacións de pádel do SEI San Narciso de Marín e contando coa colaboración do alumnado e profesorado do ciclo do TSEAS do centro e os adestradores do clube de Pádel, participaremos nunha xornada dese deporte xunto con rapaces de 4º do CEIP Parada.