Ola, que tal?
Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos ao longo deste mes de abril. Seguimos con moitas actividades...
O 7 de abril: O alumnado de 3º de Ed. Primaria terá a súa sesión de Tenis de Mesa que lles servirá de preparación para a gran Xornada Multideportiva do vindeiro 12 de maio onde nos xuntaremos con 25 compañeirxs doutro centro que participamos desta sesión organizada por ADESPONT dentro do programa XOGADE.
O 7 de abril: O alumnado de 4º de Ed. Primaria terá a súa sesión de Baile Deportivo que lles servirá de preparación para a gran Xornada Multideportiva do vindeiro 14 de abril onde nos xuntaremos con 250 compañeirxs dos 11 colexios que participamos desta sesión organizada por ADESPONT dentro do programa XOGADE.
O 9 de abril: O alumnado de 4º de Ed. Primaria terá a súa sesión de Rugby Cinta que lles servirá de preparación para a gran Xornada Multideportiva do vindeiro 14 de abril onde nos xuntaremos con 250 compañeirxs dos 11 colexios que participamos desta sesión organizada por ADESPONT dentro do programa XOGADE.
O 9 de abril: O alumnado de Ed. Infantil fará unha camiñata ata Abanca para asistir a obra "Vuela Pluma".
O 10 de abril: O alumnado de Ed. Primaria fará unha actividade deportiva por mor do "DÍA MUNDIAL DO DEPORTE NA RÚA" na alameda consitente en diferetes carreiras, relevos e traballo en equipo.
O 14 de abril: O alumnado de 4º de Ed. Primaria terá a súa Xornada Multideportiva de Judo, Baile Deportivo, Rugby Cinta e RCP-DESA no Pavillón Municipal, xunto con 250 rapaces de 11 colexios da cidade e arredores compoñentes de ADESPONT e baixo o programa XOGADE.
O 21 de abril: O alumnado de 2º de Ed. Primaria terá a súa Xornada Multideportiva Multixogo no CEIP Cabanas organizada por ADESPONT e dentro do programa XOGADE.
O 29 de abril: O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará a súa tradicional andaina para visitar o Museo de Pontevedra.
O 29 de abril: O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará unha camiñata ata as Ruinas de Santo Domingos para facer a tradicional visita anual.