martes, 11 de mayo de 2021

Máis leite

Ola, aquí vos deixo máis fotos que me foron chegando do alumnado tomando leite. É estupendo ver que xa piden eles o leite a hora do recreo.























domingo, 9 de mayo de 2021

Novas actividades deportivas

Ola, ola, como imos?

Aquí vos deixo as fotos que me chegaron dos vosos compañeiros e compañeiras facendo actividades deportivas fóra do horario lectivo do colexio.

Xa sabedes, que eu vos animo a que fagades todo o deporte que poidades porque é moi bo para vos e para a vosa saúde.

Seguide así, moito ánimo.

Espero que me sigades mandando as vosas fotos ou vídeos facendo actividades deportivas. Podedes mandalas o seguinte correo:   educacionfisica@cprsanjose.es




                                        















Vos propoño que para a seguinte vez que mandedes algo sexa relacionada coa palabra "MÚSICA", onde podedes facer todo o que se vos ocorra. 

sábado, 8 de mayo de 2021

Leite

Aquí vos deixo máis e máis fotos do leite que me foron chegando o longo da semana. Como vedes, e se lle preguntades a rapazada, están moi contentos por poder tomala.
















Seguirei publicando as fotos que me vaian chegando...

viernes, 7 de mayo de 2021

Proposta de actividade para rapazada de Educación Infantil

Ola, aquí vos deixo unha propota que nos chegou do Concello de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Penso que vos pode resultar de interese, xa me iredes mandando fotos ou vídeos da vosa participación no programa:

Remitimos información sobre o Proxecto “As Aventuras de Luli” dun grupo de alumnas e alumnos da materia Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal do Grao en Mestre/a de Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela. 


Este proxecto ten como obxectivo recuperar a actividade que se foi perdendo a causa da pandemia, ao mesmo tempo que coñecen lugares da contorna. Isto vai dirixido especialmente á infancia comprendida entre os 0 e 6 anos. 


A proposta consistirá nunha serie de 14 vídeos -subidos semanalmente ás RRSS- nos que as nenas e nenos deberán axudar á nosa mascota, chamada Luli, a superar as probas que se propoñen en cada localización dun mapa máxico. Desta forma, lograrán unha chapa ou insignia en cada lugar no que superen o reto, alcanzando, finalmente, ser as/os mellores Scouts xunto a Luli. 


Este proxecto enmárcase na metodoloxía educativa ApS (Aprendizaxe-Servizo), que consiste en traballar e aprender os contidos da materia á vez que se presta un servizo á comunidade. 


Remítese enlace ao vídeo presentación e á nota de prensa informativa:




Un saúdo