viernes, 19 de junio de 2020

As últimas rutinas do curso...

Ola rapaces e rapazas, que tal?

Xa rematou o curso, non puidemos facer máis. Creo que a pesares de todo, levámolo moi ben, non credes? Houbo quen mandou moitos vídeos e fotos, houbo quen mandou algúns, houbo quen mandou só un, e houbo quen non mandou ningún.

Ainda así, espero que todos e todas estiverades ben e que se vos fixera o máis doado posible isto de estar na casa; dende a asignatura de educación física, intentei que así fose, propoñendo tarefas cada semana, para que o levarades o mellor posible.

Aquí vos mando as derradeiras fotos e vídeos que me enviastes. Espero que vos gusten e considero que estivo ben isto de manternos en contacto vía telemática, así que penso que o próximo ano, seguiremos facéndoo.

Nada máis, moitas gracias a todos e todas e a os pais e nais pola vosa dedicación que se non fose así, sería imposible.

GRACIAS

Pasade un moi bo verán, e vémonos en septembro para iniciar o novo curso, que esperemos que saia máis normal que este ano.

Apertas e saúdos para todos os que formamos a comunidade do Colexio San José.