Ola, ola!!! Como ides?
Escribo estas liñas para indicarvos que temos luz verde para facer as actividades de auga previstas ó comezo do curso. Aquí vos deixo unha pequena explicación:
A clase de 4º de educación primaria, en colaboración co clube E.P. Cidade de Pontevedra, faremos no río Lérez unha primeira incursión no mundo da modalidade de Dragón Boat, que tan divertida é.
Déixovos aquí un enlace por si queredes probar (actividades gratuitas que ofrece o clube este fin de semana para que toda a familia poda experimentar de primeira man, este "novo" deporte)
A clase de 5º de educación primaria, en colaboración co clube Vila de Cangas, faremos unha introducción o deporte do remo en bateis, dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia. Cando teñamos definida a actividade, indicarévolo.
E por último, a clase de 6º de educación primaria, faremos tamén dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, unha xornada no Pontillón do Castro de Dragón Boat máis pormenorizada, onde pasarán por diferentes partes da embarcación para vivir esta magnífica experiencia. Ireivos contando cando sepa algunha cousa máis.
Anímovos a que probedes, porque está xenial e é moi, pero que moi divertido. Xa me contaredes.
Ata a próxima!!!