No día de hoxe, o noso alumnado de 5º e 6º de ed. primaria, cambiou de instalación deportiva para facer a súa sesión de educación física. Pasamos do Pavillón Municipal dos Deportes ao CGTD (Centro Galego de Tecnificación Deportiva) para facer unha fantástica sesión de Atletismo impartida por Daniel Calvar, atleta e adestrador do Clube Atletismo Rías Baixas
Durante a sesión, puidemos practicar as carreiras, os saltos e os lanzamentos para que cada rapaz/a vivenciase no seu propio corpo o esforzo e dedicación dos atletas.
É un luxo poder facer estas sesións nas instalacións do CGTD, recentemente remodeladas e actualizadas, polo que lle dou as máis sinceiras gracias a Daniel por contar con nós para poder realizalas; así como fago extensible este agradecemento aos diferentes adestradores e atletas que compartiron a mañá con nós.
Coma mostra, vos deixo as seguintes fotos; así como vos incorporo o folleto que lle deixaron a cada participante para que probe este deporte se lle apetece: