viernes, 20 de junio de 2025

Visita Campeonato Multisport

Ola, hoxe, 20-06-2025, comezaba o Campionato do Mundo de Triatlón Multideporte que se levará a cabo en Pontevedra dende hoxe ata o 29 de xuño; e a clase de 3º de ed. primaria, fixo a visita a carpa que teñen colocada na Avda. Montero Ríos.

Puidemos ver como diferentes atletas recollían os seus dorsais, como outros xa se interesaban polo Multisport do próximo ano, e vimos os distintos stands que teñen alí instalados.

Espero que poidades disfrutar desta gran campionato, nos xa o fixemos hoxe a mañá...









Déixovos aquí o Programa do Campionato.

Fotos Deportivas Vosas 24

Ola, ola! Que tal?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de vos facendo actividades deportivas. Xa serán as últimas que publique ata o curso que ven.

Teño que darvos as gracias aos rapaces e rapazas que enviáchedes fotos ou videos para que as puidera publicar neste blogue deportivo do Colexio San José e aos pais e nais por envirmas, labor fundamental para que as puidera subir.

Como vedes, é un blogue que "completamos" entre todxs os que formamos a comunidade escolar do centro.

Espero que para o próximo curso sigamos así, e si podemos participar cada vez máis e máís compañeirxs de todas as clases do colexio, será xenial!!! Convídovos a que así o fagades. Só tedes que enviarmas ao correo educacionfisica@cprsanjose.es

Gracias, gracias e gracias. Ata o curso que ven e que teñades un Bo Verán!!!  






martes, 17 de junio de 2025

Nova actividade de Atletismo

Hoxe, o noso alumnado das clases de 3º e 4º de Ed. Primaria, fixeron unha nova actividade de Atletismo por parte do Club Gimnástica de Pontevedra.

Foi todo un pracer poder facer esta impresionante sesión e agradezo ao noso alumnado polo seu bo facer e espero que leven un bo recordo da práctica de hoxe, despois de facer exercicios de carreiras, saltos e lanzamentos.

Déixovos o reportaxe correspondente:












lunes, 16 de junio de 2025

Xogos Tradicionais

Como todos os anos, chegando ao final do curso, facemos os Xogos Tradicionais de toda a vida: trompos, gomas, cordas individuais e colectivas, chapas, chave, sacos, canicas, peonzas...

É unha forma de recordar os xogos de sempre para o cal vos pido axuda e que xoguedes cos vosos fillxs para recordalos e non esquecelos.















viernes, 13 de junio de 2025

Andaina 2º Ed. Primaria

Como vos comentara cun ABALAR, hoxe, o noso alumnado de 2º de Ed. Primaria fixo a súa Andaina en colaboración coa Técnica de Turismo do Concello Raquel, a cal lle estou moi agradecido posto que soubo "conectar" ao alumnado na andaina.

Foi unha sesión estupenda (a parte da choiva que acompañounos un pouco) e aprendimos moitas cousas das Prazas e Rúas de Pontevedra que están na nosa contorna que non todxs coñecíamos.

Doille as gracias tamén as nais/pais que puideron acompañarnos nesta Andaina, espero que vos gustara e que poidamos seguir facéndoo en vindeiros anos visitando outras zonas da cidade...














jueves, 12 de junio de 2025

Andainas 3º e 4º Ed. Primaria

Como vos comentara nun ABALAR, hoxe, o noso alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria fixo a súa Andaina en colaboración coa Técnica de Turismo do Concello Raquel, a cal lle estou moi agradecido.

Foi unha sesión estupenda e aprendimos moitas cousas das Prazas e Rúas de Pontevedra que están na nosa contorna que non todxs coñecíamos.

Doille as gracias tamén as nais/pais/familiares que puideron acompañarnos nesta Andaina, espero que vos gustara e que poidamos seguir facéndoo en vindeiros anos...