martes, 30 de septiembre de 2025

Presentación do Clube Pontefénix

Ao igual que a semana pasada, hoxe as nosas clases de 3º e 4º de Ed. Primaria, tiveron a presentación do clube de Natación Artística Pontefénix.

Foron unhas sesións moi prácticas, onde puidemos practicar o movemento que fan xs nadadores coas pernas e cos brazos. Despois, cada alumnx diseñou os seus bañadores seguindo o que lle incitaba a música que eles propuxeron.

Como colofón, fixemos unha coreografía final... e vos convidan a asistir a un adestramento, simplemente chamando ao número indicado máis abaixo.



















Andaina co alumnado das clases de 1º e 2º de Ed. Primaria

Hoxe foi o turno das clases de 1º e 2º de Ed. Primaria de facer a tradicional Andaina de septembro.

Igual que coas clases de 5º e 6º, fumos a barriada de Campolongo. Pasámolo moi ben e coñecemos un pouco máis algo da nosa cidade.














lunes, 29 de septiembre de 2025

Andaina co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria

Hoxe, o noso alumnado das clases de 5º e 6º de Ed. Primaria fixeron a tradicional Andaina de septembro. Fomos ata o barrio de Campolongo e logo seguimos o cauce do río ata chegar a metade do recorrido, o muíño. De volta, fixemos un tramo do Camiño de Santiago dende alí ata o colexio.

Estivo xenial e a rapazada camiñou e aprendeu cousas relacionadas coa cidade.









viernes, 26 de septiembre de 2025

Actividades deportivas vosas 1

Ola, ola! Que tal?

Xa estamos de volta, e espero que cheos de fotos vosas facendo actividades deportivas fóra do horario escolar. Xa podedes comprobar que dentro do horario lectivo, imos facendo bastantes actividades deportivas; así que vos animo a que mandedes as vosas fotos de actividades que fagades fóra do colexio... 

Sabedes que tedes que envialas a educacionfisica@cprsanjose.es







jueves, 25 de septiembre de 2025

Iniciación ao Pentatlón

Este mércores o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e hoxe o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, tiveron a presencia de Ricardo, atleta e adestrador do clube de reciente creación na cidade de Pentatlón.

Foron unhas sesións estupendas onde puideron practicar a carreira, carreira de obstáculos e o tiro coa pistola láser, que tanto lles gustou a rapazada. Por favor, preguntade aos voso fillxs...

Déixovos o reportaxe fotográfico a continuación: