martes, 30 de septiembre de 2025

Presentación do Clube Pontefénix

Ao igual que a semana pasada, hoxe as nosas clases de 3º e 4º de Ed. Primaria, tiveron a presentación do clube de Natación Artística Pontefénix.

Foron unhas sesións moi prácticas, onde puidemos practicar o movemento que fan xs nadadores coas pernas e cos brazos. Despois, cada alumnx diseñou os seus bañadores seguindo o que lle incitaba a música que eles propuxeron.

Como colofón, fixemos unha coreografía final... e vos convidan a asistir a un adestramento, simplemente chamando ao número indicado máis abaixo.