miércoles, 9 de septiembre de 2026

Damos comezo ao XOGO!!!

Bo día, como imos?

Xa estamos de volta, espero que pasarades un bo verán e que poiderades cargar as pilas para comezar este novo curso 2026-27.

Como sempre vos indico, este é un blogue que "facemos" entre toda a Comunidade que conformamos o Colexio San José de Pontevedra (alumnxs, familiares e mestres); e que para que funcione ben, temos que aportar todxs, mandando algunha foto ou pequeno vídeo de vos facendo calqueira actividade deportiva.

Debedes envialas ao correo educacionfisica@cpr.sanjose.es (todo xunto e sen tildes).

Este curso, temos que adaptarnos as novas medidas por parte da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia onde limitan as actividades complementarias a 3 por curso e por trimestre; polo que non poderemos participar en tantas actividades como o facíamos ata o de agora. Unha pena, pero é o que nos dictan.   

Por outra banda, vos "invito" a que botedes unha ollada a este blogue de vez en cando, para ver as actividades deportivas que fan os vosos compañeirxs, ademáis de que eu irei publicando diferentes actividades que iremos facendo ao longo do curso coa rapazada, ao mesmo tempo que vos direi as actividades deportivas que se fagan na cidade.

Nada máis, darvos a "BENVIDA" a todxs e esperamos disfrutar dun bo curso 2026-27.


Para comezar, vos indico que este fin de semana, o venres e sábado, nas instalacións da Fundación Rías do Sur, celebrarase o Campionato Galego absoluto de SQUASH, onde poderemos ver as mellores xogadoras e xogadores deste intrépido deporte.

Ao mesmo tempo, dende o próximo luns ata o seguinte domingo, celebrarase o Torneo Internacional Junior U14 de TENIS nas instalacións do Clube de Tenis Pontevedra na Caeira. Déixovos a entrada da Federación en: Torneo Internacional U14

Ámbalas dúas competicións teñen un acceso gratuíto.

E xa por último, este venres a sábado terá lugar o Torneo Baloncesto Encestarrías onde poderemos ver a 4 equipazos do mellor baloncesto; 3 equipos da Euroliga e un recién ascendido a ACB.