sábado, 30 de enero de 2021

Derradeiras fotos do leite

Este venres, 29-01-21, foi o derradeiro día de tomar o leite facilitado polo FOGGA e promovido pola Xunta de Galicia desta primeira vez, porque alá polo mes de maio, faremos unha segunda quenda de repartir leite, a que xa vos avisaremos.

Ainda así, como sobrou leite, seguiremos ofrecendo os rapaces e rapazas que queiran, que sigan tomando ata acabar existencias. 

Como podedes comprobar, a experiencia foi todo un éxito, e todo o alumnado que quiso, puido disfrutar de degustar o rico leite.

Déixovos aquí, as últimas fotos. Ata a próxima...





















Como xa vos indiquei nunha entrada anterior, este luns 01-02-21, comezamos co reparto de froita durante outras dúas semanas. A froita que degustaremos será:

Luns - PERA
Martes - MAZÁ
Mércores - MANDARINA
Xoves - PLÁTANO
Venres - AMORODO

Seguro que será un novo éxito.

Teño que dar as gracias a todas e todos as/os mestres, que sen as súas gañas, o seu interesese e saber estar, sería imposible. Por iso, 

GRACIAS, MESTRES!!!

jueves, 28 de enero de 2021

Enquisa

Ola, que tal?

Hoxe comezamos coas enquisas que temos que facer dentro do programa do DAFIS, co alumnado de 4º, 5º e 6º de ed. primaria.

Estaban nerviosos, porque pensaban que o bolígrafo que lles pedín que levaran o pavillón, era para facer un exámen, pero non; só tiñamos que facer a enquisa.

Despois dunha pequena explicación, a fixeron sin problema, axiña e preguntando se tiñan algunha dúbida.

Déxovos aquí o enlace por si a queredes ver a enquisa e facela na casa.


De seguido, continuamos coas probas deportivas do programa.


miércoles, 27 de enero de 2021

Máis fotos do leite

Ola, aquí vos van máis fotos vosas tomando o leite. Xa queda menos, así que, disfrutade...



























Para a semana, comezamos coas froitas, e serán as seguintes:

Luns - Pera
Martes - Mazá
Mércores - Mandarina
Xoves - Plátano
Venres - Amorodo

Coido que lles gustará, e xa mandarei fotos!!!





domingo, 24 de enero de 2021

Primeiras fotos do leite

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as primeiras fotos que me foron chegando dos alumnos e alumnas tomando leite. Como veredes, son do alumnado de 2º e 3º de ed. primaria. Seguro que para a semana teño máis do resto dos cursos.

Estas xornadas de consumo de leite están sendo todo un éxito, parabens para todos e todas. Ánimo, que ainda quedan os próximos días.










sábado, 16 de enero de 2021

Hábitos de Vida Saudable

Ola familias, que tal?

Como xa sabedes, este martes, 19 de xaneiro, comezamos co programa do leite, distribuida polo colexio, e facilitada polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) en colaboración coa Xunta de Galicia.

Déixovos aquí o enlace correspondiente:

Autorización leite


A continuación, o colexio distribuirá a froita, tamén facilitada polo FOGGA en colaboración coa Xunta de Galicia. Será do 1 ó 12 de febreiro. 

Déixovos aquí o enlace correspondiente:

Autorización froita


Tamén sabedes que esta ano entramos no PLAN PROXECTA (do cal podedes obter máis información premendo no enlace correspondiente, habilitado a dereita destas entradas no apartado ENLACES)

Esta Plan Proxecta, esta pensado para facer con toda a comunidade educativa, alumnado, profesorado e familias, por iso invitamos a que enviedes fotos e vídeos facendo actividades deportivas xuntos, neste blogue vos propoñemos actividades para poder facer en familia, se visualizades o enlace do Plan Proxecta, vedes cómo podedes interactuar.

Fomentamos os Hábitos de vida activa e saudable, distribuindo esta leite durante dúas semanas e a continuación a froita, durante outras dúas seamanas; promovendo que fagan actividades deportivas, que se movan nos recreos, etc.

Tamén entramos no DAFIS, programa feito en colaboración entre as Consellerías de Educación, Deporte e Sanidade, onde faremos as probas estipuladas por algúns mestres do INEF da Universidade da Coruña, para saber a condición física de base coa que partimos de cada alumno/a e ver a súa evolución o longo dos seus estudios obrigatorios. Estas probas as farán o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Prim., por iso, as familias, facilitóusevos unha folla explicativa e outra co consentimento para formar parte do proxecto.

Déixovos aquí o enlace correspondiente:

Consentimento adhesión DAFIS


Nada máis, espero que vos sirva de aclaración para os que queirades ver esta información.

Saúdos e moitas Gracias.


Máis fotos

Ola a todos/as! Que tal? Como foi a volta o colexio despois do Nadal?

Seguro que moi ben por ver os amigos e amigas que facía xa tempo que non viades.

Dende a asignatura de Educación Física, quero darvos a benvida de novo e invitarvos a seguir participando neste blogue enviando fotos ou vídeos das vosas actividades deportivas fora do horario escolar. Espérovos!!!

Aquí vos deixo as derradeiras que me chegaron:




Como podedes ver, temos a unha verdadeira campiona. Noraboa!!!



Anímovos a que sigades enviando as vosas actividades deportivas o correo educacionfisica@cprsanjose.es