jueves, 5 de mayo de 2022

Visita Pasarón e Xogadores do Pontevedra C. F.

Este mércores, o alumnado de 6º de educación primaria fixo a visita o Campo Municipal de Pasarón onde a parte de ver todas as instalacións do campo; vestiarios, sala de prensa, ximnasio, palcos, zonas vips... puideron pisar o propio campo e falar con dous xogadores do Pontevedra C.F., Rufo e o capitán Álex González.

Estes xogadores a parte de responder as preguntas do noso alumnado, incidiron na importancia dos estudos, e eles, ainda que son xogadores semiprofesionais, decidiron estudar algo para o seu futuro, para cando remate a súa vida deportiva.

Teño que agradecer ó Pontevedra C.F., por acollernos tan ben e deixarnos ver o propio campo desde dentro e que os nosos cativos/as experimentasen esta experiencia en primeira persoa; así como tamén a estes dous xogadores polo tempo que nos dedicaron e pola súa implicación en responder todas as dúbidas dos nosos rapaces e rapazas, e por último, darlle as gracias a Cristobal (preparador físico) e Gelillo (coordinador da base), por acompañarnos e explicarnos todo durante a nosa visita. Por todo isto, GRACIAS.






















Gymkhana e bautismo de Hípica

Este martes pasado, o noso alumnado de 1º de educación primaria participou nunha actividade no Parque Multiaventura de Marín denominda "Gymkhana e bautismo hípico" no que os nosos rapaces e rapazas fixeron durante a mañá estas dúas fantásticas actividades.

A primeira consiste en atopar unha serie de pista, superar unhas probas e ó fínal, conseguir o tesouso consistente nuhas moedas de chocolate.

A segunda actividade, despóis de ver as cuadras, limpar e acariar os cabalos, puideron subir e facer unha ruta pola instalación. Como podedes ver, temos uns verdadeiros amazonas!!!






















Educación vial

Ola, como ides?

Este luns pasado, o noso alumnado de 6º de educación primaria seguiu coa súa formación do programa de Educación Vial que temos no cole en colaboración coa Policía Local do concello de Pontevedra.

O que fixemos, foi por en práctica o aprndido nas sesións anteriores, facendo unha primeira ruta como peóns e outra como conductores de bicis e patinetes.

Foi todo un éxito e acadamos todos os obxectivos que tiñamos marcados cando programas este actividade.

Especial mención teño que darlles o axente Maya, verdadeiro impulsor deste programa de educación vial, sen él, sería imposible facelo e o outro axente Darío, que en todo momento atenderon as necesidades dos cativos/as e respostaron as dúdidas que tivemos. Moitas gracias aos dous. Vos animo a que sigades realizando estas xornadas que tan productivas son para o alumnado

Deixo mostra no seguinte reportaxe fotogrófico: