domingo, 10 de diciembre de 2023

Fotos sesións RCP e DESA impartidas pola Escola de Enfermería

Como xa vos comentara, aquí vos deixo parte das fotos que sacamos en cada unha das sesións de RCP e DESA impartidas pola Escola de Enfermería o pasado luns e martes.

Foi todo un éxito e teño que darlles as gracias tanto ao alumnado que veu, como ao profesorado que asistiu (Felipe, Martín e Myriam) da Escola de Enfermería de Pontevedra.












































viernes, 1 de diciembre de 2023

Sesións RCP e DESA

Este próximo luns e martes, 4 e 5 de decembro, cada curso no seu horario da clase de Ed. Física, fará unha sesión de iniciación ou recordatorio do RCP e DESA en colaboración da Escola de Enfermería pertencente a Universidade de Vigo. 

Quero darlles as gracias de antemán ao alumnado e profesarado da Escola de Enfermería pola súa implicación e por axudarme a seguir implementando a importancia do RCP e DESA, que todos os anos fago eu dentro da asignatura de Ed. Física no mes de febreiro ou marzo.

De seguro que aprendemos moito e gustaríame destacar a importancia de saber facer esta manobra todxs os que formamos a comunidade educativa, de feito, cando o fagamos nos meses que vos indiquei anteriormente, faremos unhas xornadas de portas abertas para as familias e que poidades practicar e perder o medo a facelo.

Para esta sesión do luns ou martes, cada rapaz ten que traer un peluche de tamaño medio, que será o "paciente" de cada alumnado. Moitas gracias pola vosa axuda.

9ª fotos vosas

Doulle as gracias as nais e pais que sacan as fotos dos seus fillos facendo actividades deportivas fóra do horario escolar. Aquí deixo as derradeiras que me chegaron:











Vos agradezo que me sigades mandando as vosas actividades deportivas ao correo educacionfisica@cprsanjose.es