Ola, aquí vos deixo a nota de prensa que saiu onte no Faro de Vigo:
jueves, 31 de marzo de 2022
viernes, 25 de marzo de 2022
Novas actividades
Ola, ola! Como ides?
Aquí vos poño as derradeiras fotos ou vídeos coas vosas actividades deportivas fóra do colexio. Son estupendas e espero e desexo que sigades mandándome máis e máis para poder seguir facendo entre todos/as este blogue deportivo do colexio San José.
jueves, 24 de marzo de 2022
RCP y DESA
Ola, que tal?
Durante estas dúas últimas semanas estivemos "aprendendo" a facer un RCP (Reanimación cardio pulmonar) co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. Tamén puidemos traballar co DESA (Desfibrilador semiautomático).
Aida que estamos coa pademia, conseguimos que nos deixaran os monecos pertencentes o Centro de Formación e Recursos de Pontevedra e o 061, para facer estas prácticas. Lóxicamente, non o fixemos completamente xa que non puidemos facer as insuflacións de aire por mor de levar mascarillas.
Deixo aquí unha mostra para que o disfrutedes:
jueves, 10 de marzo de 2022
Actividades de auga
Ola, ola!!! Como ides?
Escribo estas liñas para indicarvos que temos luz verde para facer as actividades de auga previstas ó comezo do curso. Aquí vos deixo unha pequena explicación:
A clase de 4º de educación primaria, en colaboración co clube E.P. Cidade de Pontevedra, faremos no río Lérez unha primeira incursión no mundo da modalidade de Dragón Boat, que tan divertida é.
Déixovos aquí un enlace por si queredes probar (actividades gratuitas que ofrece o clube este fin de semana para que toda a familia poda experimentar de primeira man, este "novo" deporte)
A clase de 5º de educación primaria, en colaboración co clube Vila de Cangas, faremos unha introducción o deporte do remo en bateis, dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia. Cando teñamos definida a actividade, indicarévolo.
E por último, a clase de 6º de educación primaria, faremos tamén dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, unha xornada no Pontillón do Castro de Dragón Boat máis pormenorizada, onde pasarán por diferentes partes da embarcación para vivir esta magnífica experiencia. Ireivos contando cando sepa algunha cousa máis.
Anímovos a que probedes, porque está xenial e é moi, pero que moi divertido. Xa me contaredes.
Ata a próxima!!!
viernes, 4 de marzo de 2022
Máis actividades vosas
Ola, que tal?
Aquí vos deixo as últimas fotos e vídeos que me chegaron. Como sempre vos digo, sería interesante que me mandedes as vosas fotos ou vídeos de actividades deportivas que realicedes fóra do colexio ao seguinte correo: educacionfisica@cprsanjose.es
viernes, 25 de febrero de 2022
Axedrez
Ola, que tal?
Estas dúas últimas semanas estivemos facendo axedrez con todo o alumnado de educación primaria. Da gusto ver a súa evolución en tan pouco tempo, paréceme unha pasada o que poden chegar a facer en 3 ou 4 sesións. Vos animo a que sigades practicando na casa, porque xa víchedes que é moi divertido.
Seguro que algún/ha de vos, me enviades fotos ou vídeos xogando o axedrez cos vosos familiares.


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)