martes, 20 de enero de 2026

Encontros Multideportivos 5º Ed. Primaria

Onte, o alumnado da clase de 5º de Ed. Primaria, tivo unha nova Xornada de Encontros Multideportivos organizada por ADESPONT en colaboración co Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE.

Compartimos xornada co alumnado do mesmo curso e o profesorado do CEIP San Benito de Lérez. Pasámolo xenial e a parte de facer deporte, pasamos unha sesión de convivencia entre iguais que resultou altamente satisfactoria e quedamos con gañas de máis.

Os equipos están formados entre nenos e nenas dos dous colexios para así conseguir unha maior convivencia entre rapaces.

Fixemos os deportes de RINGOL e BALONCESTO.







viernes, 16 de enero de 2026

Actividades Deportivas Vosas 14

Ola, ola, como imos?

Xa estamos de volta das vacacións de Nadal e comezando con moitas gañas este 2º trimestre...a por él!!!

Vos deixo aquí as fotos e os pequenos videos que me mandastes para publicalos neste blogue deportivo do Colexio San José que formamos entre toda a comunidade educativa do centro.

Coma sempre, vos animo a que enviedes as vosas fotos facendo actividades deportivas e doado é que as enviedes empregando o material que vos vai dentro da Mochila Deportiva que implantamos este curso!!! 

ANIMÁDEVOS!!!








jueves, 8 de enero de 2026

Actividades Deportivas mes de Xaneiro

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos ao longo deste mes de xaneiro. Imos collendo ritmo.

19 de xaneiro: O alumnado de 5º de Ed. Primaria participará na Xornada de Encontros Multideportivos organizada pola Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) dentro do Programa XOGADE pertencente a Xunta de Galicia. Visitamos ao alumnado de 5º de Ed. Primaria do CEIP Lérez e faremos os deportes de RINGOL e BALONCESTO. Para iso, levamos este mes de xaneiro practicando eses deportes nas sesións de Ed. Física. 

27 de xaneiro: O alumnado de 4º de Ed Primaria visitará as instalacións de pádel do SEI San Narciso de Marín e contando coa colaboración do alumnado e profesorado do ciclo do TSEAS do centro e os adestradores do clube de Pádel, participaremos nunha xornada dese deporte xunto con rapaces de 4º do CEIP Parada.

viernes, 19 de diciembre de 2025

Actividades Deportivas Vosas 13

Aquí vos deixo as fotos empregando o material que vai dentro da Mochila Deportiva que un rapaz de cada clase leva o venres e a trae de volta o mércores seguinte.

Ademáis, van fotos de vos facendo outras actividades máis veraniegas e invernais...

Como sempre, vos animo a que sigades mandando. Tedes que facelo á dirección educacionfisica@cprsanjose.es


































miércoles, 17 de diciembre de 2025

Máis información sobre o premio HQR

Aquí vos deixo as últimas noticias que sairon no "Diario de Pontevedra" acerca do premio que lle concederon a ADESPONT:










martes, 16 de diciembre de 2025

Premio HQR

Ola, como ides?

Quería informarvos de que os integrantes do Xurado que deciden aos gañadores dos premios HQR do Diario de Pontevedra, concederon a ADESPONT (Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra), da que eu como mestre son fundador e integrante, e polo cal os rapaces de rapazas do Colexio SAN JOSÉ dos cursos de Ed. Primaria fan as diferentes Actividades Deportivas como o MULTIXOGO 6-8, TENIS, PÁDEL, SALVAMENTO e SOCORRISMO, PIRAGÜISMO-DRAGÓNS, ATLETISMO en PISTA, ORIENTACIÓN, TENIS de MESA, DEPORTES INCLUSIVOS e os ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS e as XORNADAS INTERCENTROS que imos realizado ao longo de todo o curso escolar, o Premio HQR ao MELLOR PROXECTO EDUCATIVO da edición 25 desta festa. 

É un éxito compartido entre toda a comunidade educativa que conformamos o Colexio San José, polo cal os dou as GRACIAS  e vos convido a seguir disfrutando desta aventura que comezamos fai 4 cursos escolares.

Teño que agradecerlle primeiramente ao resto de mestres de Ed. Física dos outros colexios que forman parte de ADESPONT, por axudar a que saia para adiante; ao equipo directivo e claustro do Colexio San José por querer formar parte de todo isto, as diferentes autoridades como o Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia por autorizarnos a facelo, poñendo o seguro que cubre aos participantes e por sufragar os gastos dos desprazamentos necesarios para chegar aos diferentes lugares onde realizamos cada actividade e o Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra por deixarnos as diferentes instalacións que necesitamos para a práctica deportiva; as diferentes entidades que colaboran con nós como a Escola de Enfermería de Pontevedra, a facultade do CAFYD, os ciclos do TSEAS de Pontevedra e Marín, o JUAN XXIII, a Asociación AMIZADE, AMENCER co seu programa RODANDO, ENKI, ONCE e o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. E por último, agradecerlle aos adestradores dos clubes colaboradores pola súa dedicación para coa rapazada que son:

Nana e Inés da Escola de Danza Fita Novas

Adrián da Escola Hungaresa de Esgrima

Pablo, Rubén, Lydia, Saúl e Gonzalo da Fed. Galega de Loita

Chipi e Tozé do Clube de Tenis Pontevedra

Adrián e Noemí de Pontebaile

Alberto do Clube Judo Pontevedra

David do SAPO

Nando e Judit do Tenis de Mesa Monteporreiro

Alberto do Pontevedra Rugby Club

José María e Miki da Asociación Dragón Boat Galicia

David, Daniel, Pablo e Miguel do Club Xadrez Pontevedra

Luis do Clube de Pádel San Narciso

Joao e Santi da Sociedad Gimnástica

Cechu do AMFIV 

Milucho da SD Teucro 

Patricia do Voleibol Pontevedra

Jesús do Bádminton Ravachol 

Lino e Mayte do Baloncesto Arxil

Carlos da Fed. Galega de Tenis

Rafa da Fed. Galega de Tenis do Pickelball

Non quero esquecerme de ninguén, pero como pasou tante xente colaborando con nós durante esta travesía, podería pasar e pido perdón de antemán e quero facelos partícipes igualmente desta mención.



viernes, 12 de diciembre de 2025

Actividades Deportivas Vosas 12

Aquí vos deixo as fotos empregando o material que vai dentro da Mochila Deportiva que un rapaz de cada clase leva o venres e a trae de volta o mércores seguinte.

Ademáis, van fotos de vos facendo outras actividades máis invernais...

Como sempre, vos animo a que sigades mandando. Tedes que facelo á dirección educacionfisica@cprsanjose.es