Derradeiro día de froita aportado polo Colexio!!! Qué mágoa. Agora, temos que esperar ata a segunda oportunidade (aló polo mes de abril), para poder voltar a desfrutar de froita, xa se vos avisará novamente cando sexa o momento.
O que si que vos animamos, é a que traiades vos a froita que queirades para tomar de media mañá no colexio, que vos parece?, veremos quen nos sorprende coa froita!!!
Aquí vos queda o reportaxe fotográfico:
O claustro de mestres do Colexio San José, considera todo un éxito estas dúas semanas do leite e a continuación, as dúas semanas da froita; quedando pendentes de repetir entre abril e maio (outras dúas semanas de cada producto), na segunda oportunidade de degustación.
Teño que agradecer a toda a rapazada a súa acollida, querendo seguir tomando leite e froita durante todos os días, e como non, os mestres, polo seu incansable traballo no desenrolo deste fantástico programa. Por conseguinte:
GRACIAS, GRACIAS e GRACIAS.