viernes, 5 de febrero de 2021

Probas do DAFIS

Ola familias, que tal?

Déixovos aquí as probas que estamos a facer co alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, coa vosa autorización, dentro do programa DAFIS, que tan bo resultado estamos obtendo.

A idea é facer as probas unha primeira vez entre a semana recién terminada e a que entra, e dentro duns quince días, volver a facelas, anotando no programa o mellor tempo/marca obtido por cada rapaz/rapaza.

Espero que podades votar unha ollada e en caso de ter algunha dúbida, podedes enviarma o correo: educacionfisica@cprsanjose.es

Composición corporal

Presión manual

Flexibilidade

Salto horizontal

Suspensión brazos

Velocidade

Cardiorrespiratorio


Tamén se recomenda entrar no seguinte enlace Probas DAFIS. Idade 6-18 anos para poder ver os vídeos explicativos de cada proba.

Unha vez no enlace, tedes que ir a idade 6-18, premedes e despléganse as probas. Premedes en cada proba e vos aparece unha infografía e un vídeo da proba correspondente.

Apertas.