O pasado martes, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria, puideron asistir a unha charla sobre "Hábitos de vida Saudables" impartida polo clube de balonmán SD TEUCRO (Inés - nutricionista, Vinicius - xogador e Laura - coordinadora da base e entrenadora) en colaboración co Concello de Pontevedra.
Nesta charla, lles falaron de como debería ser unha dieta máis ou menos saudable para o seu desenrolo individual, da importancia de facer deporte e o fundamental que é, compaxinar o deporte cos estudios.
Como exemplo, cada rapaz/a, levouse para casa unha merenda saudable, composta por mazá, iogur e auga.
Estoilles moi agradecidos os/as relatores/as polo seu saber, a súa dedicación e polo seu estar, respostando a tódalas dúbidas do noso alumnado.