Hoxe, o alumnado de 5º de educación primaria, participou na xornada de "Atletismo en pista" organizada polo Servicio de Deportes da Xunta de Galicia dentro do seu programa XOGADE en colaboración coa SD Gimnástica.
É moi satisfactorio que a Xunta volva organizar este tipo de xornadas porque son moi gratificantes para o noso alumnado.
Durante a xornada, participamos en diferentes modalidades de atletismo (60 metros lisos, salto de lonxitude, lanzamento de peso, 500 metros lisos, lanzamento de vórtex e por último, relevos 4 x 60 metros lisos).
Tivemos un día espléndido para realizar as probas, fixemos deporte, compartimos xornada con rapaces e rapazas da súa mesma idade doutros colexios e disfrutamos moito, moito (ainda que algun/ha, quedou realmente esgotado/a o remate da proba).
Temos moitas gañas de que a Xunta, volva organizar outra destas xornadas deportivas.
Déixovos aquí a mostra visual: