Ola, que tal?
Esta semana tivemos dúas actividades deportivas no medio natural e fóra das rutinas deportivas habituais. Os de 2º de educación primaria foron o pavillón multiusos da Xunqueira a practicar escalada e o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria fixeron xeocaching na Fracha. En todo momento estiveron acompañados/as das súas titoras e dos monitores responsables da actividade.
Gustáronlle moito os nosos cativos e cativas. Para mostra, deixo as seguintes fotos que me chegaron: