Ola, ola, que tal?
O pasado venres, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, tiveron a sorte de contar coa presencia de voluntariado da Asociación Amizade (Asociación de persoas con discapacidade) de Pontevedra para sensibilizalos e conmemorar o Día Internacional das persoas con discapacidade.
Cada un dos voluntarios contou a súa experiencia da súa discapacidade no seu día a día e a súa relación co deporte, onde puideron comprobar as súas dificultades para enfrontarse a pequenos obstáculos como uns peldaños ou escaleiras. César, un dos voluntarios, contounos que fai a actividade deportiva de vela, onde nun barco de vela lixeira, lévao sen problema e é unha das actividades que máis lle satisfacen.
A experiencia foi altamente satisfactoria, e a rapazada puido experimentar de forma directa esta sensibilización.
Teño que agradecer de forma persoal aos 3 voluntarios porque fixeron unhas explicacións impresionantes e contaron de forma moi cercana e directa as súas experiencias respostando ao noso alumnado todas e cada unha das dúbidas que lle surxiron.