Este mércores, o noso alumnado de 5º e 6º de educación primaria, tiveron a charla "Deporte e Escola" impartida polos integrantes do Clube Cisne balonmán dentro do programa do fomento do deporte que leva a cabo o Servicio de Educación do Concello de Pontevedra.
Teño que agradecer o Cisne, o súa boa labor para co noso alumnado, destacando a importancia de estudiar o mesmo tempo que se practica deporte, onde a boa planificación do tempo é fundamental para acadar os obxectivos nas dúas disciplinas (estudos e deporte).
Por parte do Cisne, viñeron desde o presidente Santiago Picallo (exalumno do Colexio San José), os adestradores Miguel Monteagudo e Sergio, ata os xogadores Álex Chan (internacional pola selección de USA que xogará próximamente o Mundial de Balonmán a celebrar en Polonia e Suecia do 11 o 29 de xaneiro do 2023) e Mateo Arias (internacional da selección española junior). Todo un luxo do que puidemos disfrutar na charla onde destacaron os valores do deporte e aplicalos ao día a día e aos estudos.
Dende o clube, indícaronnos que o 85% da súa plantilla teñen ou están cursando estudos universitarios e a importancia de conciliar vida laboral e estudos universitarios co deporte de élite, xa que o Cisne está xogando na Liga ASOBAL, a 1º división da considerada mellor liga do mundo de balonmán.
O noso alumnado, fixo algunhas preguntas moi interesantes aos nosos invitados que resolveron da mellor maneira posible.