Como xa sabedes..."Polo San Martiño, trompos ao camiño"; e con iso estamos nas clases de E.F., onde practicamos durante 20 minutos de cada sesión cos trompos e peonzas para que xoguen con este xogo tradicional galego.
jueves, 21 de noviembre de 2024
martes, 19 de noviembre de 2024
Cros
Hoxe, 19 de novembro, o noso alumnado dos cursos de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria participaron no Cros organizado polo Servicio de Deportes de Pontevedra pertencente a Xunta de Galicia.
Foi unha xornada estupenda a que pasamos no circuito diseñado na Illa das Esculturas de Pontevedra. O trazado era estupendo para o desenrolo da actividade do Cros, posto que estaba húmido, con follas dos árbores, herba mollada, area e todo o que se pode pedir para un Cros.
Aquí vos deixo o reportaxe fotográfico coma mostra:
martes, 12 de noviembre de 2024
ACTIVIDADES DEPORTIVAS MES DE NOVEMBRO
Ola, Ola, como imos? Xa estamos no mes de novembro e coma todos os meses, aquí vos deixo a programación deportiva pensada para este mes dende a asignatura de ED. FÍSICA.
O 6 de novembro: o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria tivo a sesión de atletismo (carreiras, lanzamentos e saltos coa colaboración do Clube de Atletismo Rías Baixas.
O 13 de novembro: o alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a tradicional visita a Catedral de Santiago coa andaina correspondente.
O 19 de novembro: o alumnado de 2º de Ed. Primaria fará a tradicional visita ao PAAR de Campolameiro coa andaina no medio natural correspondente.
O 19 de novembro: o alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria participará no CROS organizado polo Servicio de Deportes da Xunta dentro do programa XOGADE
O 26 de novembro: o alumnado de 4º de Ed. Primaria participará na Xornada Multideportiva Intercentros en conxunto co CEIP Froebel.
viernes, 8 de noviembre de 2024
Fotos vosas 5
Estas son as fotos e pequenos videos que me chegaron de vos facendo actividades deportivas fóra do horario lectivo.
Co bo tempo, sempre axuda a poder facelas.
Coma sempre, vos indico que podedes seguir enviando as que queirades ao correo educacionfisica@cprsanjose.es e as subirei a maior brevidade posible.
miércoles, 6 de noviembre de 2024
Sesión Atletismo co Clube Rías Baixas
No día de hoxe, o noso alumnado de 5º e 6º de ed. primaria, cambiou de instalación deportiva para facer a súa sesión de educación física. Pasamos do Pavillón Municipal dos Deportes ao CGTD (Centro Galego de Tecnificación Deportiva) para facer unha fantástica sesión de Atletismo impartida por Daniel Calvar, atleta e adestrador do Clube Atletismo Rías Baixas
Durante a sesión, puidemos practicar as carreiras, os saltos e os lanzamentos para que cada rapaz/a vivenciase no seu propio corpo o esforzo e dedicación dos atletas.
É un luxo poder facer estas sesións nas instalacións do CGTD, recentemente remodeladas e actualizadas, polo que lle dou as máis sinceiras gracias a Daniel por contar con nós para poder realizalas; así como fago extensible este agradecemento aos diferentes adestradores e atletas que compartiron a mañá con nós.
Coma mostra, vos deixo as seguintes fotos; así como vos incorporo o folleto que lle deixaron a cada participante para que probe este deporte se lle apetece: